Ecoturismo en Mariñas Coruñesas …

Aquí atoparás paquetes deseñados para desfrutar e coñecer esta terra de forma moi activa, como a ti che gusta. Experiencias que marinan terra e auga, cultura e tradición, natureza e sustentabilidade.

Disfrútaos.

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foi recoñecida internacionalmente pola UNESCO no ano 2013 como Reserva de Biosfera. Abarca un total de 116.724 hectáreas terrestres e mariñas, repartidas en 17 concellos e cunha poboación de máis de 190.000 persoas, todo un auténtico reto e oportunidade.

Ser declarados pola UNESCO como Reserva da Biosfera é un compromiso de presente e futuro, que nos fixo asumir os principios e obxectivos do Programa MaB (Persoa e Biosfera), utilizando o noso territorio para experimentar novas formas de desenvolvemento en liña coa sustentabilidade e lóitaa fronte ao cambio climático, compatibilizando as dinámicas urbanorurales, así como o posicionamento como destino de Ecoturismo.

A Marca de Calidade da “Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” creouse co obxectivo de facilitar a introdución e diferenciación dos produtos locais, engadir valor e promocionar e difundir os recursos que potencien as actividades económicas tradicionais e a economía social no marco do territorio amparado pola Reserva de Biosfera.

Este distintivo está a servir como vínculo entre EMPRESA-PRODUTO-TERRITORIO, á vez que establece unha imaxe común para o conxunto de empresas adheridas.

Desde comezos do ano 2019 somos a entidade xestora do Xeodestino “A Coruña e As Mariñas” en colaboración coa Xunta de Galicia, ferramenta de planificación turística do territorio.

Ademais, xestionamos o destino SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) das Mariñas Coruñesas, metodoloxía mediante a cal estamos a implantar a Marca de Calidade da Reserva de Biosfera no sector turístico (restaurantes, aloxamentos, axencias de viaxe, empresas de turismo activo…).

Foto Portada WEB
Betanzos dos pecados capitais
Goza dunha visita guiada para coñecer e descubrir o Casco Histórico de Betanzos dun xeito diferente, descubrindo algunhas das historias e anécdotas máis escuras que case ninguén coñece.
catamaranmariñan (144)
Catamarán Eléctrico Reserva de Biosfera
Coñece a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas dende outro punto de vista. Deixa que o noso catamarán 100% eléctrico sexa o guía principal desta experiencia. Percorre o río Mandeo e a Ría de Betanzos sen emisións.. Disfruta ademais dun menú degustación de alta cociña. Deixa levar o teu padal e os teus sentidos por este enclave de gran importancia natural e patrimonial.
tarjeta
Tarxeta Regalo Biosfera
Regala local, Regala Calidade e Sustentabilidade. Regala Biosfera!
FOTOSTURISMO(490)
Onda do Pedrido
Experiencia perfecta se buscas practicar deportes acuáticos como o paddle surf/SUP ou o kaiak á vez que gozas da importancia e os valores dun lugar onde podes atopar a onda máis longa de todo Galicia, a “Onda Longa”.
DJI_0987
Ecoturismo no Golfo Ártabro
Roteiro a bordo dun veleiro que conecta a cidade da Coruña coa vila mariñeira de Sada que permite gozar do patrimonio mariñeiro do Golfo Ártabro e do litoral da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.
DJI_0710
Pazo de Mariñán
Combina patrimonio cultural, científico e natureza nun espazo declarado Conxunto Histórico – Artístico na ría de Betanzos, unha das zonas Núcleo da Reserva de Biosfera.
EXPERIENCIASINMERSIVAS(29)
Experiencias Inmersivas da Biosfera
Vive unha auténtica experiencia de ecoturismo que che permitirá, sen somerxerte, coñecer os fondos mariños da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, o Primeiro Destino de Ecoturismo certificado de Galicia.
default
Mandeo.0
Experiencia para coñecer e descubrir o auténtico espazo rural galego, nun enclave de gran importancia natural e patrimonial, que se desenvolve na parte alta das Mariñas Coruñesas e nas inmediacións do nacemento do río Mandeo.
1600x1067 EcoTour Cervecero_IMAGEN WEB_V3
Ecotour Cervexeira
Desfruta do Ecotour cervexeiro durante un día completo, descubrindo a importancia da auga e do lúpulo dunha forma diferente.
ecoruta
Eco-Ruta Sendeirismo Mandeo - Orballo
A Eco-Ruta de Sendeirismo Mandeo – Orballo é perfecta para empaparse da natureza ao tempo que se coñece a historia e o patrimonio da contorna, finalizando cunha magnífica degustación de té.
agroalimentaria_00003
Ruta Agroalimentaria das Mariñas
Nesta ruta guiada descubrirás o saber e o bo facer que dominan as xentes desta terra onde o recordo da experiencia quedará no padal e non solo nos recordos.
ruta_auga_00001
Ruta da Auga e da biosfera
Ruta ecoturística para a interpretación da función dos muíños e o patrimonio inmaterial, cunha parada para a observación de aves no observatorio ornitolóxico de Souto (Paderne).
ruta_kayak
Descenso/Ascenso Río Mandeo en kayak
Duración 2 horas, 8,3km.
Extraordinaria ruta en kaiak polo río Mandeo, ría de Betanzos e polo mar aberto para desfrutar e magníficas obras da natureza . E, ademais… degustación de produtos locais, rutas guiadas, etc.
PORTADA-PELAMIOS
Ruta Río Pelamios
A tan só 5 minutos do Casco Histórico de Betanzos, esta ruta permitirache descubrir unha zona de beleza paisaxística e etnográfica cuxas augas fluviais foron aproveitadas noutros tempos para dar uso a varios muíños e unha fábrica de curtidos.
1600x1067 EcoTour Cervecero_IMAGEN WEB_V3
Ecotour Cervexeira
Goza da Ecotour Cervexeira durante un día completo, descubrindo a importancia da auga e do lúpulo dunha forma diferente.