Goza da Ecotour Cervexeira durante un día completo, descubrindo a importancia da auga e do lúpulo dunha forma diferente.
É un Ecotour exclusivo e único en España, 100% neutro en Carbono, cun gran impacto positivo na economía local, xa que está operado por empresas certificadas na Marca de Calidade da Reserva de Biosfera.
Que inclúe a túa entrada?
– Visita guiada ao encoro de Abegondo- Cecebre, Zona Núcleo da Reserva de Biosfera.
– Coffee Break en Abegondo.
– Visita guiada aos cultivos de lúpulo de LUTEGA.
– Comida maridaxe (Menú da Biosfera).
– Visita Guiada con tiraxe en MEGA.
Inclúe desprazamentos e servizos guiados.