Catamarán Eléctrico Reserva de Biosfera

Nautica

Goza da nosa nova embarcación sostible polo río Mandeo e a ría de Betanzos. O noso novo catamarán 100% eléctrico é unha experiencia completamente única xa que poderás gozar dos sons da natureza e redescubrir recunchos esquecidos. Durante séculos esta ría guiou centos de barcos que subían ao Casco Histórico de Betanzos. Grazas aos nosos guías certificados mergullaraste de cheo nesta experiencia.

A bordo tamén poderás degustar o noso menú degustación baixo a luz máis romántica da lúa ou a plena luz do día, elaborado polos nosos produtores locais da man de chefs de alta cociña.

Grazas ás nosas lentes de realidade virtual, terás a sensación de mergullarte no fondo mariño da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas. Este catamarán, ao ser 100% eléctrico, permite sentir e gozar da experiencia en silencio e sen emisións dun xeito inigualable.

Comparte un momento con amigos/as, ou con familiares nunha zona máis que interesante do noso litoral. Ata oito persoas a bordo incluído o patrón; gozarás dunha degustación culinaria acompañada duns viños locais durante o día ou baixo a luz da lúa. Unha experiencia totalmente á carta, a demanda, flexible, que se adapta ás túas preferencias.

Actividades

– Aperitivo a bordo do barco con produtos locais e de temporada.

– Lentes de realidade virtual 360º. Experiencia inmersiva para visualizar os fondos submarinos.

– Posibilidade de realizar un Menú degustación a bordo, realizado por cociñeiros/as de alta cociña.

– Consulta a opción de acudir ao Restaurante A Artesa da Moza Crecha, situado en Betanzos, e gozar dun Menú Degustación da Biosfera, antes ou despois de vivir esta experiencia.

– Completa a experiencia cunha visita guiada polo Casco Histórico de Betanzos.

* Consulta todas as opcións e as experiencias a demanda no apartado “Información e Reservas”.

Información

turismo.marinasbetanzos.gal/experiencias

reservas.catamaran@marinasbetanzos.gal

O punto de encontro confirmarase en cada reserva, pode ser o Porto de Betanzos ou o Paseo da Tolerancia (Betanzos)

EXPERIENCIAS Y TARIFAS (ESP)
EXPERIENCIAS E TARIFAS (GAL)

Contacto

Catamarán Eléctrico Reserva de Biosfera

E-mail: reservas.catamaran@marinasbetanzos.gal