Que a túa imaxinación "voe" polas Mariñas Coruñesas!

O territorio integrado pola Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e a cidade da Coruña é, no seu conxunto, un dos destinos favoritos dos observadores de aves en Galicia. A súa diversidade de paisaxes (bosques, lagoas, campiñas, ríos, áreas urbanas, encoros, rías, praias, cantís, mar aberto…) é fogar, ao longo do ano, dunha extensa lista de especies.

Está aquí, por exemplo, a colonia de corvo cristado mariño máis nutrida do litoral continental ibérico (é dicir, sen contar as illas), situada nos cantís da costa de Dexo-Serantes, fogar doutras especies típicas destes cortados costeiros.

Á vez, en lugares como a ría do Burgo ou a praia de Sada é posible observar e fotografar no outono e no inverno multitude de aves acuáticas a moi pouca distancia, grazas ao afeitas que están á presenza de paseantes: cullereiros, garzas, diferentes especies de limícolas árticos…

Inverna ademais na ría de Betanzos e no encoro de Abegondo-Cecebre o aguia pescadora, e son comúns nos ríos especies tan emblemáticas como o picapeixe ou o merlo rieiro.

Xunto a elas hai moitas máis. Algunhas permanecen aquí todo o ano. Outras, oriúndas do norte de Europa, fano só durante os meses máis fríos. Outras chegan desde África para estar connosco na primavera e no verán, e partir de regreso ao sur no outono.

A elas únense, na primavera e no outono, as que pasan por esta esquina ibérica durante as súas migracións. Por último, son numerosas as observacións nesta comarca de aves moi raras a nivel tanto galego como peninsular e mesmo europeo. En argot paxareiro, denomínanse divagantes ou rarezas.

É moi probable que mentres realizas os teus percorridos, ou ao finalizalos, desexes descansar gozando da extraordinaria gastronomía deste lugar do planeta. Os Restaurantes e Aloxamentos da Biosfera que che propoñemos e que poderás atopar nesta web foron seleccionados e distinguidos cunha Marca de Calidade polo seu esmero na selección de produtos locais e de tempada desta terra.

Goza cos cinco sentidos dunha auténtica experiencia de Ecoturismo polas Mariñas Coruñesas!

Sabon-Puertas1_Afuera1
Encoro do Rexedoiro e costa de Arteixo
Furna1-Puertas_Afuera1
Costa de Dexo-Serantes
Rio_Mero_Puertas_Afuera1
Paseo fluvial do río Mero
Molino_Egoa-Puertas_Afuera1
Muíños de Costa da Égoa
Observatorio_Cecebre-Puertas_Afuera1
Embalse de Abegondo-Cecebre
Pazo_Marinan-Puertas_Afuera1
Pazo de Mariñán
Sada1-Puertas_Afuera1
Praia e Brañas de Sada
MIno-Puertas_Afuera1
Playa y marisma de Miño
Paderne, sobre la ría de Betanzos
Observatorio de Souto
Betanzos-Puertas_Afuera
Villa de Betanzos
Chelo_Puertas_Afuera1
Río Mandeo en Chelo
Ambalasaguas_Puertas_Afuera1
Contorna de Ambalasaugas
Ponte_Aranga_Puertas_Afuera1
Arredores de Ponte Aranga
FervenzasRexidoira-Puertas_Afuera
Fervenzas da Rexidoira

Guía de Turismo Ornitolóxico

Declarada pola UNESCO o 28 de maio de 2013, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo está integrada por 17 municipios das bisbarras da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A súa superficie de 116.726 ha (113.969,7 terrestres e 2.756,4 mariñas) é fogar de preto de 195.000 persoas, e acolle infinidade de espazos de enorme valor natural e paisaxístico, varios deles integrados na Rede Natura 2000 da Unión Europea.

Ser declarados pola UNESCO como Reserva de Biosfera é un compromiso de presente e futuro, que lle fixo asumir a este territorio os principios e obxectivos do Programa MaB (Persoa e Biosfera), co obxecto de experimentar novas formas de desenvolvemento en liña coa sustentabilidade e a loita fronte ao cambio climático, compatibilizando as dinámicas urbano-rurais, así como o posicionamento como destino de ecoturismo.

Nesta guía presentámosche algúns dos itinerarios máis interesantes para descubrir as especies de aves que utilizan tanto esta Reserva da Biosfera como a cidade da Coruña, e de paso a biodiversidade rural, litoral, urbana e mesmo mariña que integra este destino de ecoturismo excepcional.