Aloxamentos da
BIOSFERA
… soñar e gozar
Casas Rurais e hoteis
con encanto para soñar e
gozar cun mundo de
experiencias que lle ofrece
a nosa Reserva da Biosfera:
Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Roteiros da
BIOSFERA
… camiñar e observar
Sendas para todos os públicos
e gustos. Aprender a gozar da
natureza, observar as
aves, descubrir a historia, a
cultura e o patrimonio e, por
que non? saborear a nosa
cultura gastronómica.
Restaurantes da
BIOSFERA
…maxia e sabor
Da terra obtemos
a materia. Da materia
pasamos á maxia, pratos
que falan de como somos neste
territorio. Gastronomía
con produtos de calidade de
Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Historia e
BIOSFERA
Ver e descubrir…
… monumentos de Interese
Artístico Nacional, espazos
naturais de interese
comunitario que forman parte
da Rede Natura 2000, un
Monumento Natural e moito máis.
Experiencias da
BIOSFERA
… emoción e vida
Paquetes deseñados para
gozar e coñecer esta terra
de forma moi activa como a
vostede lle gusta. Experiencias que
marinan terra e auga, cultura
e tradición, natureza e
sostibilidade.
As Reservas de Biosfera somos espazos para o desenvolvemento sostible, onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural, onde procuramos un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio, experimentamos para conseguir un bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais e fomentamos a participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Mariñas Coruñesas foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO, en maio de 2013.
Abarca un total de 116.724 ha (113.969 ha terrestres e 2.754 ha mariñas), que representan case o 15% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.
Descubre…
Vive unha experiencia…
… inesquecible nun territorio único.