A visita a este espazo é obrigatoria, tanto polo seu carácter patrimonial como polo valor ambiental. Espazo idóneo para a observación de aves, pasear entre árbores singulares e visitar e coñecer a historia do Pazo de Mariñán.
O Pazo de Mariñán está incluído na Ruta das Camelias e como Destino Observer de turismo científico.
Mención especial merecen os seus xardíns divididos en diferentes zonas que, despois de percorrelos, entenderás a función que cumprían nos Pazos.