Ecoturismo no Golfo Ártabro

Eco-ruta

Goza dun percorrido mariñeiro e eco – turístico polo Golfo Ártabro no que poderás coñecer dende a auga os segredos dos Castelos de San Antón (A Coruña) e de Santa Cruz (Oleiros), o Monumento Natural da Costa de Dexo – Serantes, as bateas de mexillón de Lorbé, a vila de Sada ou a Ponte do Pedrido, na desembocadura do Río Mandeo, coa opción de degustar os produtos agroalimentarios do territorio.

Non te quedes solo coa ruta en veleiro!!!

Podes acompañar esta visita cunha degustación de produtos locais e de tempada nalgún dos Restaurantes de la Biosfera.

Estás ante unha experiencia a demanda e flexible que pode ser de media xornada (mañá ou tarde), así como de día completo según a túa dispoñibilidade e tempo.

Consulta o apartado de información e reservas para realizar calquera consulta, adaptación da experiencia, prezos, datas e horarios dispoñibles.

Información

ENSA EXCURSIONES
Dirección: Avenida da Mariña, 58, 15160 Sada, A Coruña
Teléfono: 667 416 212 / 636 255 511
E- MAIL: contacto@ensaexcursiones.com

EXPERIENCIA COMPLETA COMERCIALIZADA POR VIAXES ALUMAR XG – 351

Contacto

Ecoturismo no Golfo Ártabro