Mandeo.0

Experiencia

Enmarcada no municipio de Sobrado dos Monxes, a experiencia Mandeo.0 permitirate visitar A Carballeira centenaria da “Casa do Gado” e a Lagoa de Sobrado, un lugar idóneo para o avistamento de aves; ao patrimonio natural se lle suma o arqueolóxico co campamento romano de A Ciadella e artístico co Mosteiro de Sobrado, declarado Patrimonio da Humanidade no ano 2015.

Ademais poderás realizar unha visita demostrativa nun Aloxamento da Biosfera, cun taller de cultivo de shiitake, ou degustar un Menú da Biosfera, realizada con produtos locais e de tempada, da man dun Restaurante da Biosfera, visitar a súa casa museo e a granxa familiar (Casa do Queixo de Grixalba).

Tratase dunha experiencia a demanda e flexible. Esta experiencia pode ser de media xornada (mañá ou tarde), de día completo, ou de dous días, según a túa dispoñibilidade e tempo, podendo facer noite nun aloxamento certificado da Reserva de Biosfera (Abeiro da Loba ou Casa de Barreiro).

Consulta o apartado de información e reservas para realizar calquera consulta, adaptación da experiencia, prezos, datas e horarios dispoñibles.

Información

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS:

POBO AVENTURA
Teléfono: 683 652 862
E-mail: poboaventuras@gmail.com

 

EXPERIENCIA COMPLETA COMERCIALIZADA POR VIAXES ALUMAR XG – 351

Contacto

Mandeo.0

Tlfno.: 683 652 862
E-mail: poboaventuras@gmail.com