Como na casa...

Casas rurais e hoteis con encanto para sentirte como na túa propia casa. E moi preto de todo o que che ofrece a nosa Reserva da Biosfera. esta é a nosa terra, esta é a túa casa.

Benvidos.

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foron recoñecidas internacionalmente pola UNESCO no ano 2013 como Reserva de Biosfera. Abarca un total de 116.724 hectáreas terrestres e mariñas, repartidas en 17 concellos e cunha poboación de máis de 190.000 persoas, todo un auténtico reto e oportunidade.

Ser declarados pola UNESCO como Reserva da Biosfera é un compromiso de presente e futuro, que nos fixo asumir os principios e obxectivos do Programa MaB (Persoa e Biosfera), utilizando o noso territorio para experimentar novas formas de desenvolvemento en liña coa sustentabilidade e a loita fronte ao cambio climático, compatibilizando as dinámicas urbano-rurais, así como o posicionamento como destino de Ecoturismo.

A Marca de Calidade da “Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” creouse co obxectivo de facilitar a introdución e diferenciación dos produtos locais, engadir valor e promocionar e difundir os recursos que potencien as actividades económicas tradicionais e a economía social no marco do territorio amparado pola Reserva de Biosfera.

Este distintivo está a servir como vínculo entre EMPRESA-PRODUTO-TERRITORIO, ao tempo que establece unha imaxe común para o conxunto de empresas adheridas.

Desde comezos do ano 2019 somos a entidade xestora do Xeodestino “A Coruña e As Mariñas” en colaboración coa Xunta de Galicia, ferramenta de planificación turística do territorio.

Ademais, xestionamos o destino SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) das Mariñas Coruñesas, metodoloxía mediante a cal estamos a implantar a Marca de Calidade da Reserva de Biosfera no sector turístico (restaurantes, aloxamentos, axencias de viaxe, empresas de turismo activo…).

Abeiro-loba_00001
Abeiro da Loba
Casa rural
Atópase ademais rodeada por un bosque de castiñeiros e carballos, un sitio ideal onde relaxarse e gozar da natureza.
AlbarariCoruña-86
Albarari
Burbullas astronómicas
Fúndete co universo e vive unha experiencia inmersiva pasando a noite baixo as estrelas en Galicia.
beche_1
Beche Ecocamp
Refuxio natural para a desconexión en cabanas situadas na contorna do encoro de Beche.
Cabanas_de_Canide_00002
Cabañas de Canide
Cabañas
O complexo conta con 4 cabanas, e todas as comodidades, mimo e coidado dos seus anfitrións.
casa_1
Casa de Barreiro
Casa rural
A súa ampla leira, piscina e zona de xogos, fana o sitio perfecto para desconectar e gozar cos teus ou a soas.
01---3X1A6008
Casa de Sixto
Casa rural
A súa cociña caracterízase pola gastronomía tradicional galega.
image
Hotel Crisol das Rías
Hotel
Ampla oferta de habitacións tanto para viaxeiros individuais como para parellas e familias, a escasos metros da praia.
image
Hotel Alda Sada Marina
Primeira liña de praia da vila mariñeira de Sada, apartamentos e amplas habitacións nun lugar privilexiado.
habitacion doble matrimonio png (1)
La Terraza
Hotel
Totalmente reformado, emprázase no centro do pobo de Miño, moi preto das súas praias e contorna natural.
Hotel_Noa_by_Sinaldaba_foto_luisdiazdiaz_01
Noa Boutique
Hotel
O seu concepto baséase no Bed-Bath-Breakfast, dando orixe a 32 exclusivas habitacións, todas elas con vistas ao mar.
PHOTO-2020-06-18-17-20-01_1
Pórtico
Hostal
Respira o esplendor medieval da cidade de Betanzos desde unha das xanelas deste pequeno hostal de 14 habitacións.
Rectoral_Cisnes_00001
Rectoral de Cines
Hotel gastronómico rural
A súa cociña de calidade mestura a tradición coa gran variedade de produtos km 0 e de tempada.