O río Mandeo é un recurso natural fundamental da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Unha as súas zonas con máis interese natural, é a zona alta do concello de Paderne, case no seu límite con Irixoa. Nesta marabillosa ruta, onde predominan as carballeiras, e a vexetación de ribeira, cos seus bidueiros e freixos, en todo o seu traxecto unido ao río, poderanse observar algúns saltos do río, mentres se camiña por unha senda de pescadores.
A ruta finalizará cunha visita a Orballo (empresa adherida á Marca de Calidade da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas), durante a visita, ademais de coñecer algo da historia e o patrimonio do lugar, farase un percorrido polas diferentes etapas polas que xa pasou Orballo, especies forestais autóctonas, plantas aromáticas, árnica e té comentando curiosidades de cada unha ao tempo que se degusta algunha das súas infusións.
Consulta o apartado de información e reservas para realizar calquera consulta, adaptación da experiencia, prezos, datas e horarios dispoñibles.