O río Mandeo, vertebra desde o seu nacemento ata a súa desembocadura gran parte do territorio da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Turísticamente tamén é salientable a conexión desta vía co Camiño de Santiago.
Este descenso/ascenso polo Río Mandeo, é unha das rutas máis completas de “kayak” que poden existir, xa que, ademais de transcorrer polo río, faino tamén polo estuario da Ría de Betanzos e por mar aberto.
Nesta ruta pódese desfrutar de praias, meandros, do propio río, paso polo Pazo de Mariñán e as súas marismas, onde se poden observar unha das poboacións de aves con máis biodiversidade da contorna.
Esta ruta poderá facerse descendendo ou ascendendo polo río, dependendo das mareas, e sempre se realizará a favor de corrente.
En total son uns 8,3 km durante os cales se terá unha visión diferente do Río Mandeo e da Ría de Betanzos.