Francisco Llorens
O pintor das Mariñas

A través da Ruta do Impresionismo das Mariñas poderás descubrir as paisaxes das Mariñas Coruñesas onde o pintor Francisco Lloréns, discípulo de Sorolla, inmortalizou algunas das súas obras máis destacadas.

No ano 2019, a Ruta do Impresionismo foi declarada Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa: https://www.impressionismsroutes.com/

impressionisms_routes
marinas

O impresionismo é un movemento nado en Francia pero desenvolvido realmente no resto de Europa. Un dos puntos interesantes dos Roteiros do Impresionismo en Europa é transmitir tamén estes múltiples aspectos do enfoque impresionista.

Este estilo reflicte un agarimo especial pola luz, a auga nas súas diversas formas… ela transmite a alegría de vivir reforzado pola súa perfecta harmonía coa natureza, e está na orixe das revolucións pictóricas que aconteceron máis tarde…

O proxecto “Roteiros do Impresionismo en Europa” ten como obxectivo crear e promover, dentro do continente europeo, unha conexión entre os lugares que inspiraron os pintores de aire impresionista europeos a partir de mediados do século XIX ata mediados do século XX, os lugares onde viviron os pintores, as áreas onde se estableceron colonias de artistas e as cidades que hoxe exhiben os seus traballos dentro dos seus museos ou nos diferentes espazos culturais.

A Ruta do Impresionismo das Mariñas forma parte dos Roteiros Impresionistas Europeos, recoñecidos no ano 2019 polo Consello de Europa como Itinerario Cultural Europeo. Esta ruta paisaxística, cultural e turística permite coñecer os lugares das Mariñas onde o pintor Francisco Lloréns realizou as súas obras máis emblemáticas, e permite comparar a paisaxe actual das Mariñas coa de comezos do século XX.

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” ven de lanzar un novo servizo de autoguiado para acercar ao turista e á poboación local a Ruta do Impresionismo das Mariñas.

O fío condutor desta Ruta do Impresionismo das Mariñas é o pintor Francisco Lloréns Díaz, quen a comezos do século XX ilustrou dunha maneira única o territorio das Mariñas Coruñesas.

Preténdese adaptar este Itinerario Cultural Europeo ante a nova realidade da COVID-19 e como Primeiro Destino de Ecoturismo certificado de Galicia, para a súa realización en pequenos grupos e cun sistema de autoguiado de última xeración, o cal mellorará a accesibilidade deste recurso turístico.

Trátase de potenciar dunha maneira sostible (eliminando materiais promocionais en papel) as visitas ao territorio para que o visitante goce dos contidos e das obras no mesmo lugar onde as pintou o artista Lloréns.

Como visitante gozarás, coñecerás e saberás chegar aos lugares exactos onde Lloréns pintou as súas obras a través deste roteiro autoguiado. Coñecerás a motivación de Lloréns á hora de pintar o cadro e che permitirá realizar unha comparación da modificación que sufriu a paisaxe daquela época coa actual. A través de audioguías será o “propio Lloréns” quen explicará os seus propios cadros e os motivos polos que os realizou.

A continuación, móstranse as obras máis destacadas do pintor Lloréns, en plena Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

FRANCISCO LLORENS
EL VALLE DE PEIRO
1919
OLEO SOBRE LIENZO
71X100CM
COLECCION ARTE FUNDACION BARRIE
Valle de Peiro

Óleo sobre lienzo 71 x 100 cm
Colección Fundación Barrié

Valle de Barcia

Óleo sobre lienzo 71 x 99 cm
Colección Fundación Barrié

FRANCISCO LLORENS
VALLE ESMERALDA (VALLE DE BARCIA )
OLEO SOBRE LIENZO
71X99CM
COLECCION ARTE FUNDACION BARRIE
FRANCISCO LLORENS
PUENTE DEL BURGO  1910
88X145CM
COLECCION FAMILIA LLORENS
Ría de O Burgo

Óleo sobre lienzo 88 x 145 cm
Colección Familiar

Playa de Sada

Óleo sobre lienzo 91 x 100 cm
Colección Museo Pontevedra

PLAYA DE SADA  1940  
91X100CM
FRANCISCO LLORENS 
MUSEO DE PONTEVEDRA
FRANCISCO LLORENS
PLAYA DE GANDARIO  1942
40X50CM
COLECCION FAMILIA LLORENS
Playa de Gandarío

Óleo sobre lienzo 40 x 50 cm
Colección familiar

Murallas de Betanzos. La puerta de las doncellas

Óleo sobre Lienzo 98x80cm
Colección Fundación Barrié.

FRANCISCO LLORENS
MURALLA DE BETANZOS.PUERTA DE LAS DONCELLAS
1918
OLEO SOBRE LIENZO
98X80CM
COLECCION ARTE FUNDACION BARRIE
FRANCISCO LLORENS
BETANZOS.LAS TRES BARCAS.
1919
OLEO SOBRE LIENZO
COLECCION ARTE FUNDACION BARRIE
Las tres barcas

Óleo sobre lienzo 101 x 85 cm
Colección Fundación Barrié

La Coruña desde Sta. Cruz
Óleo sobre lienzo 51 x 54 cm
image-8
image-7
Iglesia de Carnoedo
Óleo sobre lienzo 90 x 100 cm
Entre luces. Betanzos

Óleo sobre lienzo 90 x 100 cm
Colección Rosario Llorens

BETANZOS   1912 MAS O MENOS

FRANCISCO LLORENS 
MUSEO DE PONTEVEDRA
FRANCISCO LLORENS
COSTA DE MERA  1932
90X100CM
COLECCION FAMILIA LLORENS
Costa de Mera

Óleo sobre lienzo 90 x 100 cm
Colección Rosario Llorens.

Carretera del Castelo
Óleo sobre lienzo 89 x 101 cm
CARRETERA DE LA CORUÑA O DE CASTELO 1941 
 89X101CM
FRANCISCO LLORENS 
COLECCION AFUNDACION
image-3
Atardecer tormentoso, Bastiagueiro
Óleo sobre lienzo 51 x 87 cm
Amanecer en Betanzos

Óleo sobre lienzo 100 x 81 cm
Colección Fundación Barrié

389 cuadrito

Material didáctico

Docentes

Actividade didáctica - Alumnado de educación primaria

A través desta actividade ímosche axudar a coñecer a FRANCISCO LLORENS, quen era, que fixo ao longo da súa vida, pero sobre todo, por que lle chamamos o pintor “das Mariñas”.

Actividade didáctica - Alumnado de educación secundaria

O obxectivo fundamental desta unidade didáctica é que coñezas a personalidade creativa de FRANCISCO LLORENS, a súa obra e sobre todo a importancia que un espazo xeográfico, AS MARIÑAS, tivo na súa pintura. Para iso imos traballar en tres aspectos importantes da súa personalidade a través de textos documentais e imaxes: a vocación e o innato talento para recrear a paisaxe, a súa maneira de facelo e o espazo no que o desenvolveu.

Guía didáctica Profesorado Educación Primaria

Obxectivo: Coñecer a figura de Francisco Llorens e a súa relación co espazo xeográfico das Mariñas.

Francisco Llorens (A Coruña,1874 - Madrid, 1948)

Guía didáctica Profesorado Educación Secundaria

Obxectivo: Coñecer a personalidade creativa de Francisco Llorens, a súa obra e a importancia que o espazo xeográfico “As Mariñas” tivo na súa pintura, pescudando a través de textos documentais e imaxes no seu innato talento para recrear a paisaxe.

Francisco Llorens (A Coruña,1874 - Madrid, 1948).

Díptico

Díptico

A Ruta do Impresionismo das Mariñas intenta difundir ao público a singularidade e a importancia do territorio de “As Mariñas” como fonte de inspiración para un artista de renome internacional como é Francisco Llorens Díaz.