Sobrevoar a Biosfera
Descobre as aves que sobrevoan as nosas terras. Unhas están de paso, outras pasan grandes tempadas e, algunhas, viven connosco todo o ano.
Obsérvaas en silencio, descúbreas, admíraas: goza.
Hai poucas persoas que non se marabillaron nunca co voo dun ave. Están en todas partes, resultan fáciles de admirar e son un espectáculo que nos achega á natureza con sinxeleza.
Ao longo do ano son moitas as especies que poden observarse desde a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Transmiten beleza e liberdade, coa súa variedade de formas, sons e comportamentos achegan vida ao contorno, anuncian o cambio das estacións e fascinan á humanidade desde sempre.
A maioría dos roteiros contan con boa accesibilidade, sendas, paseos marítimos e infraestruturas especificamente destinadas á educación ambiental.
Moitos dos percorridos poden realizarse en bicicleta de montaña ou mesmo convencional, xa sexa por paseos marítimos, senllas ciclistas ou camiños aptos para practicar o ciclismo. A concepción circular de varios roteiros facilita que o turista poida iniciala en calquera dos seus tramos e complementala da maneira que lle resulte máis cómoda para os seus intereses ou en función do tempo do que dispoña, e a gran conectividade entre elas permite tamén a posibilidade de enlazar varios roteiros.