Esta ruta logra combinar a esencia do litoral atlántico salpicado de abruptas costas e fermosas praias co percorrido interior do río Sisalde. Unha perfecta combinación de paseo fluvial, caracterizado pola presenza de flora de ribeira autóctona, e un paseo marítimo aproveitando as magnificas paisaxes neste balcón cara o Atlántico, que forma parte do espazo protexido ZEC Costa da Morte.
Sisalde é un val fluvial veado por ríos como O Bolaños e Sisalde que xunto á proximidade do mar contribúen a xerar unhas condicións ambientais húmidas e favorables para o desenvolvemento de flora e fauna.
A pesares da proximidade coa vila de Arteixo e a presión urbana e industrial incrementada exponencialmente a principios dos 70, esta ruta enmarcase nun recuncho natural envexable como proba esta a enorme biodiversidade. Cómpre destacar a riqueza ornitolóxica que alegra o percorrido pola presenza e canto de distintas especies que o a converten nun bo lugar para o avistamento de aves, pero tamén de cetáceos.
Combínase coa senda azul que une as diferentes praias do concello ata permitir enlazar co núcleo de Arteixo: un concello cunha importante influencia histórica celta e romana onde visitar nalgúns castros como os de Laxobre ou Figueiroa, o campamento costeiro (escavacións) do Reiro ou a ponte romana dos Brozos.
Punto de partida: Praia de Barrañán