O Restaurante
Situado no concello de Bergondo e moi próximo ás praias e zonas de especial interese dentro da Reserva de Biosfera, o Restaurante San Isidro posúe unhas instalacións amplias e cómodas, adaptadas e climatizadas, ademais de dispoñer de estacionamento propio, terraza e parque infantil.
A cociña
Destaca pola boa atención e calidade dos seus pratos, nos que están moi presentes os produtos do territorio. O Restaurante San Isidro ofrece unha cociña galega especializada en carnes e peixes á grella.
Contacto e máis información
Restaurante
San Isidro
San Isidro, 36
15165 Bergondo (A Coruña)
Tlfno.:+34 981 794 602