Ruta de Aves: Pazo de Mariñán

O pazo e os seus xardíns son conxunto histórico-artístico e monumental desde 1972, pero a súa historia vén de moi atrás: de cando no século XV Gómez Pérez das Mariñas mandou construír neste lugar unha defensa. Inicialmente coñecido como Pazo de Bergondo e na actualidade propiedade da Deputación da Coruña, Mariñán é un dos destinos obrigados de calquera visita á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. E non só pola súa extraordinaria arquitectura, tamén pola infinidade de árbores e sebes monumentais que integran os seus xardíns… e que son fogar de numerosas especies de aves!

Interés ornitolóxico

Nos xardíns de Mariñán (trazados orixinalmente a principios do s. XIX) conviven numerosas especies europeas e foráneas de árbores, entre as que destacan un abeto do Cáucaso, varios buxos e teixos, un ciprés de Lawson… É doado descubrir entre estas e moitas outras frondes a presenza de carpinteiro verde ou peto verde, peto real, pimpín vulgar, paporrubio, merlo, tordo común, rabirrubio, avelaiona… Especies, efectivamente, comúns a moitos outros xardíns, pero que aquí conviven con outras de carácter máis forestal, e compondo ademais unha banda sonora que leva soando case igual desde hai dous séculos. Desde o observatorio de madeira situado dentro do pazo, que dá á ría de Betanzos, pódense contemplar ademais aguia pescadora, tartaraña das xunqueiras, mazarico chiador e real, biluricos patirrubios e claros, lavancos, gaivotas choronas e patiamarelas, garza real, corvo mariño grande, mergullón pequeno, algún cullereiro…

Fenoloxía

Calquera momento do ano é ideal para visitar estes xardíns e o pazo. No inverno a diversidade de especies presentes na ría será moito maior.

Proposta de visita

O mellor é perderse polas sendas dos xardíns do pazo, sentar nos seus bancos de pedra, deterte a mirar a ría desde o observatorio… E facelo a primeira hora da mañá, nada máis abrir as súas portas.

Como chegar, accesibilidade e recomendacións

O paseo por estes xardíns é moi cómodo. Iso si: para organizar a túa visita, debes primeiro coñecer os horarios de apertura e peche.

Recursos

Na web de Turismo da Deputación da Coruña tes abundante información sobre este e como organizar a túa visita:https://turismo.dacoruna.gal/es/descubre/patrimonio-provincial/pazo-de-marinan .

Ademais, neste outro enlace atoparás máis información sobre as aves da ría de Betanzos:https://www.baiasantacruz.org/gl/roteiro/itinerario-a-pe-1-observatorio-de-marinan

Lugares próximos de interese ornitolóxico

Ao pé da ponte do Pedrido, un paseo pola praia do mesmo nome brinda a oportunidade de observar máis aves do litoral. Ollo ao horario de mareas!

Aves das Mariñas

Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pés amarelos oscuros.
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.

Outros lugares para visitar

Ruta Mariñá pola marisma do río Mandeo (ver https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/bergondo-4-ruta-marina-834419).

Mosteiro de San Salvador de Bergondo.

Praia de Gandarío

Teléfonos e enderezos de interese

Para coñecer a predición meteorolóxica e os horarios das mareas, consulta a web de Meteogalicia: www.meteogalicia.gal. Para informarte dos horarios de autobuses, este é o teléfono da Estación de Autobuses da Coruña: 981 184 335.
Urxencias: 112
Concello de Bergondo: 981 791 252