O Restaurante
Taberna Casa Beade é un restaurante de Paderne que destaca polos seus menús elaborados con produtos de proximidade nos que se prima o sabor, a tradición e a calidade. Ofrece a posibilidade de realizar comidas grupais por encargo.
Neste restaurante pódese degustar viño da IXP Viño dá Terra de Betanzos, xa que Casa Beade dispón tamén dunha das primeiras adegas en traballar coa crianza de barrica. Nela elabóranse viños con variedades de uva tradicionais pero cun perfil máis moderno.
A cociña
Elaboración de pratos tradicionais da gastronomía galega con produtos km0 que poden ser acompañados por excelentes viños da IXP Viños da Terra de Betanzos, pertencente á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas. Para finalizar o menú, Casa Beade dispón dunha carta de exquisitas sobremesas caseiras elaborados con materias primas da zona.