Ruta de Aves: Observatorio de Souto

Na beira oriental da ría de Betanzos, o observatorio de aves de Souto permite gozar dunha estupenda panorámica da beira dereita do esteiro do río Mandeo pouco antes da súa desembocadura. Amplas carriceiras e pradarías halófitas, atravesadas por unha multitude de canles, conforman aquí unha das marismas costeiras máis extensas de Galicia, incluída dentro da ZEC Ría de Betanzos-Mandeo e, polo tanto, na Rede Natura 2000 da Unión Europea. O sendeiro que conduce ata o observatorio atravesa ademais unha campiña tradicional ben conservada.

Interés ornitolóxico

Entre os anátidos máis doados de observar destacan lavanco, cullerete europeo, cerceta… Xunto a eles, nas beiras das canles, é doado ver ademais pilro común, mazarico real, bilurico grande e das rochas, píldora cincenta, garza real, garceta e, con sorte, algún rascón e máis dun cullereiro. A elas únense, nas migracións, diferentes especies de limícolas. Os xuncais son con frecuencia sobrevoados por tartaraña das xunqueiras e millafre negro, así como por aguia pescadora. Os campos inmediatos á beira son, por outro lado, fogar en diferentes momentos do ano de rula, curuxa, avelaiona europeo, cuco, peto verde, andoriña de cu branco, andoriña dáurica, andoriña dos penedos, papuxa cabecinegra… No paso outonal, visítanos especies como pedreiro cincento, papamoscas ou picafollas musical. Entre os xuncais das beiras crían lavandeira amarela e carriza dos xuncos, e inverna a escribenta das canaveiras.

Fenoloxía

A diversidade e abundancia de aves é maior entre os meses de setembro e abril, e sobre todo entre novembro e xaneiro. A finais da primavera e no verán, en cambio, pódense observar especies como millafre negro, lavandeira amarela e rula.

Proposta de visita

Propómosche que accedas ao observatorio e pases nel todo o tempo do que dispoñas: canto máis tempo, maior diversidade de aves chegarás a ver.

Como chegar, accesibilidade e recomendacións

Tras deixar o teu vehículo xunto á Igrexa de Santa María de Souto, en Paderne, xunto á estrada N-651, diríxete cara á ría primeiro pola rúa Parroquia Souto e logo, xa co observatorio de aves case á vista (está a carón duns invernadoiros), polo carreiro que leva ata el. Antes, hai que cruzar a vía do tren coa evidente precaución.

Recursos

O Concello de Paderne inclúe esta información na súa web:http://concellodepaderne.com/pages/entorno

Na web do Plan Mandeo da Deputación da Coruña podes descargar dúas guías de campo deste espazo natural:http://www.riomandeo.com/index.php?s=24&su=29&su2=43&cat=su2

Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne: http://auladaria.blogspot.com/

Lugares próximos de interese ornitolóxico

Podes combinar a observación de aves desde este observatorio coa que che propomos nesta guía desde a praia e marisma de Miño, moi próximas.

Aves das Mariñas

Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pés amarelos oscuros.
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.

Outros lugares para visitar

A igrexa de Santa María de Souto é do s. XII, o mesmo que a de San Pantaleón das Viñas.

A ponte do Pedrido, construída a mediados do século pasado, supuxo un fito para a enxeñaría civil desta bisbarra.

Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne.

Teléfonos e enderezos de interese

Urxencias: 112
Concello de Paderne: 981 797 001