O centro, dedicado á formación e interpretación dos valores culturais e etnográficos do río Mandeo, obedece a unha dobre función: formativa, acollendo nas súas aulas cursos e talleres; e divulgativa, a través do centro de interpretación, que pon en valor o patrimonio cultural e etnográfico de toda a conca do Mandeo utilizando o río como fío condutor.
Esta instalación está orientada a visitas didácticas e divertidas, especialmente deseñadas para mozas en idade escolar. Conta cunha museografía moderna e interactiva posta ao servizo do visitante.