O pico é estreito e de cor negra coa punta amarela. As súas patas son curtas e como indica o seu nome, negras. As partes superiores do corpo son de cor gris pálida e as inferiores brancas. Os adultos presentan na cabeza un casquete crestado en cor negra.
Ficha técnica
ORDEN: Charadriiformes
FAMILIA: Sternidae
ESPECIE: Sterna sandvicensis
LONGEVIDAD-AÑOS: sobre 10
PESO: de 210-260 gr
ENVERGADURA: sobre 86-105 cm
LONGITUD: 36-46 cm aprox.
Hábitat
Especie mariña e litoral que nidifica en praias e illotes de deltas. Nidifica no chan entre vexetación baixa e pouco densa. Fóra da época de cría aparece ao longo do litoral, preferentemente en tramos de costa baixa.