Esta ruta abarca o paseo fluvial ás beiras do río Carregal ao seu paso pola localidade de Teixeiro (Curtis). Trátase dunha ruta sinxela e apta para tódolos públicos cunha particular beleza baixo o paso do bosque de ribeira situado nun terreo plano na conca alta do río.
Sitúase preto do Centro de Interpretación dos Valores Etnográficos do Mandeo, onde se pode visitar unha exposición permanente cunha museografía moderna e interactiva posta ao servizo do visitante que mediante a experimentación e a observación poderá aprender cousas por si mesmo sobre os valores que definen a zona e a conca fluvial do río Mandeo.
Para máis información e visitas: 981 789 589 ó centroetnografico.teixeiro@yahoo.es
O Centro de Visitantes de Teixeiro obedece a unha dobre función: formativa, acollendo nas súas aulas cursos e obradoiros; e divulgativa a través do centro de interpretación, no que utilizando o río como hilo condutor ponse en valor o patrimonio cultural e etnográfico de toda a conca do Mandeo.