Mosteiro de Santa María de Sobrado foi fundado no ano 952 polos Condes de Présaras (Hermenexildo e Paterna).
Fundouse nun principio con un carácter familiar e dúplice: tiña unha sección para os homes e outra para as mulleres da familia. No seu comezo o Mosteiro chamábase de San Salvador e pertencía aos monxes benedictinos negros.