A Aula do Muiño Lanuxe está situada en pleno centro urbano á beira do Rego da Bidueira. O vello “Muíño lanuxe” de Arteixo é unha construción que tras anos de abandono reconstruíuse como aula da natureza. Conta con dúas plantas para exposicións ou espazo multidisciplinar. Nela atópase abundante información acerca da biodiversidade do concello.