Ruta de Senderismo: Seixo Branco

Esta ruta permite combinar tramos de litoral costeiro con zonas interiores polo que o contraste de flora e fauna é importante dentro do espazo protexido da Costa de Dexo e Serantes (Monumento Natural).

Esta ruta percorre os espectaculares escarpados da costa, con especial atención ao filón de pórfido granítico coñecido como “O Seixo Branco” que da nome a esta ruta.
Nesta combinación de elementos moldeados polo vento destacan os cantís, illotes como A Marola ou O Marolete, ou furnas mariñas, formacións xeolóxicas na rocha orixinadas pola erosión conxunta do vento e do mar (A Regocha ou Ollo pequeno ou Ollo grande).

No tramo costeiro domina a matogueira almofadada ou outras especies adaptadas a un litoral caracterizado polas acometidas do vento e as escarpas rochosas; destacando endemismos galaicos ou noroccidentais ibéricos coma a Armeria pubigera ou especies representativas coma o toxo (Ulex europaeus). Cara o interior xa dominan as zonas boscosas.

A situación escarpada e estratéxica da costa converteuna no emprazamento dunha batería militar para a protección da zona costeira e das cidades de A Coruña e Ferrol xunto a outras moitas baterías e castelos ao longo da costa ártabra. Historicamente tamén é unha zona de destacada influencia castrexa: castro de Subiña.

Trátase dunha ruta circular con inicio/fin na zona de Canabal, a escasos metros do club de tenis. No transcurso da ruta pasaremos pola batería, polo filón xeolóxico onde poder contemplar unhas espectaculares panorámicas da ría e da cidade de A Coruña, polas furnas ou chegar ata o alto da Subiña onde o castro. En xeral, afíncase nunha zona de especial beleza natural, con gran valor paisaxístico e ornitolóxico.

Longitud: 4,05 km
Dificultad: Media

Outros lugares para visitar

mirador-da-espenuca-1
Mirador da Espenuca
Miradoiro cara ao canón do río Mandeo pouco antes de unirse ao río Mendo na ría de Betanzos.
Area de Lecer de Beche
Área de lecer de Beche
Un espazo reservado ao lecer no concello de Abegondo.
35.-AREA-DE-LECER-DE-REBOREDO
Área de lecer de Reboredo
No medio dunha frondosa vexetación de piñeiros, eucaliptos, carballos e ameneiros, a área permite a pesca e o baño ao recrear unha piscina natural con auga represada do río.
Area de Lecer de Chelo
Área de lecer de Chelo
Nela podes aprender todo sobre as especies de flora e fauna da conca, o funcionamento dun muíño ou os diferentes usos da auga.
Monte Xalo
É un lugar único para realizar roteiros de sendeirismo, a pé ou en bicicleta.
Laguna-de-Sobrado-1
Lagoa de Sobrado
De orixe artificial e hoxe completamente naturalizada, foi construída polos monxes do mosteiro inmediato entre os anos 1500 e 1530.
28.-RIA-DO-BURGO-E-PRAIA-DE-SANTA-CRISTINA
Ría do Burgo e praia de Santa Cristina
Orientada de sur a norte e formada pola desembocadura do río Mero.