A súa plumaxe é maiormente gris arriba e algo branca por debaixo. Os adultos teñen a cabeza branca cun copete negro e unha cresta delgada. Nos mozos toda a cabeza é grisácea. Ten un pico forte rosa e amarelado. Ten un vo pausado, co seu longo pescozo retraído (en forma de S) e as ás arqueadas. Cando estende o seu pescozo, o pico semella unha culler. Isto é característico das garzas e garcetas e os distingue das cigoñas.