Casa museo de Wenceslao Fernández Flórez

A casa coñecida como ‘Villa Florentina’ é un referente importante na vida e a obra do escritor.

Información

Aínda que Wenceslao Fernández Flórez pasou a maior parte da súa vida en Madrid, a casa coñecida como ‘Villa Florentina’ é un referente importante na vida e a obra do escritor. A ela acudiría con frecuencia, escapando do trafego urbano madrileño, en busca do acougo natural da terriña galega. Nela alumou unha das súas obras mellor coñecidas, El Bosque Animado, inmortalizando o encanto máxico e misterioso da fraga adxacente, un ben longo tempo desaparecido. Actualmente, a casa serve como sede da Fundación e como Casa-Museo.

Aquí albérganse os aveños domésticos do escritor, os seus libros e outros materiais de gran interese investigador. O seu papel máis relevante é a exposición permanente de obras e obxectos persoais, aínda que a súa biblioteca e outros recunchos da casa serven para transportarnos a outro tempo e penetrarnos na vida cotiá do artista.

Cómo llegar

Casa museo de Wenceslao Fernández Flórez

Apeadeiro, 14, 15650 Cambre, A Coruña.
T 981 676 052
fundawenceslaoff@gmail.com