Ruta de Senderismo: Ríos de Cambre

Cambre é un concello bañado por numerosos ríos; o Mero, que atravesa o termo de leste a oeste, e os seus afluentes, alimentados polas augas do ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre.

Esta ruta percorre tres dos ríos (Mero e os seus afluentes Brexa e San Benito) polo que se caracteriza pola presenza de flora de ribeira, e no interior fragas de castiñeiros ou carballos que no se tempo serviu de inspiración a Wenceslao Fernández Flórez para o seu “Bosque Animado”.

Ademais Cambre é un concello con moita historia. Cómpre destacar a xoia do románico do s. XII en Galicia: a igrexa de Santa María de Cambre (monumento nacional) é a única igrexa parroquial galega con planta catedralicia. No transcurso da ruta, no Val de Lema obsérvase a igrexa de San Paio de Brexo e o seu cruceiro, dos máis antigos do concello; ou muíños de auga como o muíño de Peiraio de estilo modernista.

O punto de partida (e final) ao tratarse dunha ruta circular son os “Muíños de Cambre”.

Longitud: 13,68 km
iglesia_santiago
Iglesia de Santiago
Iglesia de estilo gótico (s. XV) edificada por Fernán Pérez de Andrade “O Mozo”.
iglesia-sta-cruz-1
Iglesia de Santa Cruz
mirador-da-espenuca-1
Mirador da Espenuca
Miradoiro cara ao canón do río Mandeo pouco antes de unirse ao río Mendo na ría de Betanzos.
Area de Lecer de Beche
Área de lecer de Beche
Un espazo reservado ao lecer no concello de Abegondo.
35.-AREA-DE-LECER-DE-REBOREDO
Área de lecer de Reboredo
En medio dunha frondosa vexetación de pinos, eucaliptos, robles e ameneiros, o área permite a pesca e o baño.
Área de lecer de Pedrido
Tranquilidade e diversión ó lado do ponte do Pedrido.
Area de Lecer de Chelo
Área de lecer de Chelo
Nela podes aprender todo sobre as especies de flora e fauna da conca, o funcionamento dun muíño ou os diferentes usos da auga.
Fervenzas-da-Rexeidora-1
Fervenza da Rexidoira
Cascadas escondidas entre densos bosques autóctonos.
Monte Xalo
É un lugar único para realizar roteiros de sendeirismo, a pé ou en bicicleta.
Laguna-de-Sobrado-1
Lagoa de Sobrado
De orixe artificial e hoxe completamente naturalizada, foi construída polos monxes do mosteiro inmediato entre os anos 1500 e 1530.