Ruta de Aves: Río do Carregal

Nas inmediacións do Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro (Curtis), o paseo fluvial polas beiras do río Carregal discorre baixo un frondoso bosque de ribeira fogar de numerosas especies de aves propias deste tipo de medio. Máis alá dos ameneiros, carballos e salgueiros esténdese, ademais, un exemplo perfecto da campiña tradicional desta bisbarra, integrada por unha sucesión de prados destinados ao gando, sebes, pequenos bosques…

Interés ornitolóxico

Tras a visita ao Centro Etnográfico do Río Mandeo, acompañará este paseo a constante actividade entre as pólas de ferreiriños real e negro, ferreiriño azul, tordo común, merlo, gabeador, paporrubio, papuxa das amoras, estreliña riscada, peto real, pimpín común, miñato, pombo torcaz, gaio europeo… Busca ademais polas beiras algunha lavandeira real. Cun pouco de sorte, é doado ver tamén gabeador azul, gabián e azor, e na primavera falcón pequeno, miñato abelleiro, millafre negro ou bubela. Pola noite ou no abrente canta a avelaiona e, a partir de comezos da primavera, o cuco, especie menos frecuente no resto da bisbarra, así como a rula común ou o picafollas ibérico. No inverno, os prados situados máis alá do río son fogar de picas comúns, e reciben en ocasións a visita de avefrías e tordos reais e rubios. No verán sobrevóanos o cirrio e a andoriña común. Se a túa visita coincide entre agosto e setembro, busca ademais entre as árbores especies migradoras como papamoscas e papamoscas cincento, ou picafollas musical.

Fenoloxía

Calquera momento do ano é ideal para visitar este lugar.

Proposta de visita

Tras estacionar o coche no aparcadoiro gratuíto do centro, a ruta comeza xunto a un panel informativo que indica os seus puntos de interese. Animámoste a visitar antes o propio Centro Etnográfico do Río Mandeo, ideal para comprender a historia e a vida das xentes desta comarca. A continuación, tras rodear o edificio (premiado pola súa aposta arquitectónica), un carreiro levarate ata a beira do río Carregal. Unha vez nel, continúao nas dúas direccións, ata que os teus pasos te leven ata as estradas N-634 (en dirección suroeste) e a rúa Generoso Núñez Rega (cara ao noroeste), ambas as dúas a non moita distancia.

Como chegar, accesibilidade e recomendacións

O Centro Etnográfico do Río Mandeo está moi preto do núcleo urbano de Teixeiro, a onde hai un servizo regular de autobuses desde A Coruña.

Recursos

A web do Concello de Curtis inclúe máis información para organizar a túa visita: http://www.curtis.gal/index.php/es/que-ver-es/centro-etnografico-del-mandeo.

Lugares próximos de interese ornitolóxico

O Centro Etnográfico do Río Mandeo está moi preto do núcleo urbano de Teixeiro, a onde hai un servizo regular de autobuses desde A Coruña.

Aves das Mariñas

image
Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pes amarelos oscuros.
image
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
image
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
image
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
image
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
image
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
image
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
image
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
image
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
image
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.

Outros lugares para visitar

Iglesia de Nosa Señora dos Remedios (s.X). Ao carón do templo áchase o Carballo da Nosa Señora, un xigantesco carballo centenario onde, segundo a tradición, se apareceu a Virxe dos Remedios.

Teléfonos e enderezos de interese

Para informarte dos horarios de autobuses, este é o teléfono da Estación de Autobuses da Coruña: 981 184 335.
Urxencias: 112
Concello de Curtis: 981 789 003
Centro Etnográfico del Río Mandeo: 981 789 589