Ruta de Senderismo: Praia das Delicias – Agra das Arcas

Esta ruta pertence ao concello de Sada, situado na marxe occidental da ría de Betanzos. Esta ruta abarca a zona costeira do concello.

O punto de inicio sitúase na parroquia de O Castro, preto da fábrica de cerámicas de Sargadelos/Museo Carlos Maside.
Para máis información das cerámicas: http://www.sargadelos.com/?lg=gal

Esta ruta abarca moitos dos regos e ríos que drenan este territorio ata acadar a vila de Sada. Esta vila caracterízase pola enorme influencia modernista na arquitectura fundamentalmente, como no edificio emblema de A Terraza situado na propia praia. Este concello cun marcado carácter turístico destaca polas súas praias, servizos e porto deportivo; con enorme tradición pesqueira e desde o punto de vista ambiental goza dun espazo natural de gran interese biolóxico con especial atención ás aves na área de As Brañas, o cal se accede dende o propio pobo. En adiante a ruta aproveita o paseo marítimo pasando polo porto ata chegar as ruínas do que no seu día constituíu o castelo de Fontán.

Esta ruta abarca espazos de interior e costeiros do territorio municipal cunha ruta de sinxelo recorrido.

Longitud: 5,61
Dificultad: Media

Outros lugares para visitar

mirador-da-espenuca-1
Mirador da Espenuca
Miradoiro cara ao canón do río Mandeo pouco antes de unirse ao río Mendo na ría de Betanzos.
Area de Lecer de Beche
Área de lecer de Beche
Un espazo reservado ao lecer no concello de Abegondo.
35.-AREA-DE-LECER-DE-REBOREDO
Área de lecer de Reboredo
No medio dunha frondosa vexetación de piñeiros, eucaliptos, carballos e ameneiros, a área permite a pesca e o baño ao recrear unha piscina natural con auga represada do río.
Area de Lecer de Chelo
Área de lecer de Chelo
Nela podes aprender todo sobre as especies de flora e fauna da conca, o funcionamento dun muíño ou os diferentes usos da auga.
Monte Xalo
É un lugar único para realizar roteiros de sendeirismo, a pé ou en bicicleta.
Laguna-de-Sobrado-1
Lagoa de Sobrado
De orixe artificial e hoxe completamente naturalizada, foi construída polos monxes do mosteiro inmediato entre os anos 1500 e 1530.
28.-RIA-DO-BURGO-E-PRAIA-DE-SANTA-CRISTINA
Ría do Burgo e praia de Santa Cristina
Orientada de sur a norte e formada pola desembocadura do río Mero.