Ruta de Aves: Contorna de Ambalasaugas

Estes paseos xunto ao río Mandeo parten da ponte de Ambalasaugas, na parroquia de Santa María de Ois e percorren o val deste río nos municipios de Coirós e Irixoa. Nas áreas máis próximas ao Mandeo, a senda discorre por entre a espesura do bosque de ribeira. Máis arriba, atravesa algunhas zonas de eucaliptal.

Interés ornitolóxico

Estas breves rutas son ideais para facer con nenos e comprobar a tan diferente biodiversidade que habita os bosques autóctonos e as plantacións de eucaliptos. Abonda con pasealas na primavera para comprobar onde se escoitan e ven máis aves. Pondo atención, é posible identificar aquí por exemplo ferreiriño rabilongo, ferreiriño negro, merlo común, ferreiriño azul, paporrubio, gaio europeo, papuxa das amoras… Ademais, é posible descubrir, voando sobre as árbores, algún gabián ou un miñato. Os xogos infantís da área recreativa das Pías manterán entretidos un bo anaco os máis pequenos. A principios do s. A principios do s. XX, existiu aí mesmo unha das primeiras centrais hidroeléctricas da bisbarra. Hoxe só queda dela a canalización forzada pola que baixaba a auga e os muros de contención que protexen o noiro.

Fenoloxía

O mellor momento para facer as visitas é a primavera e a primeira hora do día, cando as aves presentes están moito máis activas.

Proposta de visita

Ruta de Ambalasaugas ás Pías: de dificultade baixa e cunha duración aproximada de 1 h, a ruta que propomos percorre 3,4 km circulares, chega primeiro pola beira do río ata a ponte das Pías; é aquí onde está a área recreativa. A continuación, ascende pola aba para atravesar unha paisaxe mixta de fraga e eucaliptal, para regresar por unha pista ao punto de partida.

Ruta de Ambalasaugas a Xielas: máis exixente que a anterior, e máis longa (4,4 km lineais; 1,5 h só de ida), chega ata a ponte de Xielas, na parroquia de San Martiño de Churío (Irixoa). Polo camiño, atravesa unha canle de auga.

Como chegar, accesibilidade e recomendacións

Para chegar a Ambalasaugas, desde a autoestrada A-6, toma a saída 549-Montesalgueiro. Percorre a continuación a AC-151 durante 12,5 quilómetros ata chegar á ponte de Ambalasaugas. Se prefires facer a segunda ruta en sentido inverso, desde a mesma saída da A-6 percorre a AC-151 durante 7 quilómetros e toma o desvío dirección San Martiño de Churío.

Recursos

As dúas rutas están sinalizadas polo Proxecto Mandeo da Deputación da Coruña:http://www.riomandeo.com/index.php?nivel=4&idnivel=1256&s=24&su=33&cat=su

Lugares próximos de interese ornitolóxico

Podes combinar esta ruta coas outras que che propomos para descubrir a avifauna do río Mandeo.

Aves das Mariñas

image
Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pes amarelos oscuros.
image
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
image
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
image
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
image
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
image
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
image
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
image
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
image
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
image
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.

Outros lugares para visitar

Teléfonos e enderezos de interese

Urxencias: 112
Concello de Irixoa: 981 793 001
Concello de Coirós: 981 796 414