Ruta de Aves: Embalse de Abegondo-Cecebre

Este encoro foi creado en 1976 na confluencia dos ríos Mero e Barcés para abastecer a cidade da Coruña e a súa área metropolitana. Rodeado por amplas zonas de bosque e campiñas, forma parte da Rede Natura 2000 da UE como Zona de Especial Conservación (ZEC) de 529 hectáreas e, como tal, é unha das Zonas Núcleo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Interés ornitolóxico

A súa escasa profundidade (cun máximo de 15 m e unha media de 6 m) convérteo en ideal para numerosas aves acuáticas, sobre todo en migración e invernada. Entre as moitas especies presentes destaca a invernada regular de aguia pescadora garzota grande. Acolle boas cifras de cerceta e pato cristado, e destaca pola abundancia de mergullón pequeno e as súas cifras de mergullón cristado. Outras acuáticas típicas son pato frisado, pato común, bilurico das rochas e grande, avefría europea ou, cando o nivel da auga está máis baixo, cullereiros comúns e biluricos. En pleno inverno, cénsanse aquí ata 900 exemplares de aves acuáticas.

Entre as aves forestais da contorna inmediata aparecen na primavera e no verán miñato abelleiro e millafre negro, así como picafollas ibérico, moi abundante. Tamén multitude de pequenos paxaros típicos destes medios. Outras rapaces doadas de ver todo o ano son aguia calzada, azor ou gabián. É habitual a invernada de andoriña dos penedos. Tamén son salientables as numerosas observacións aquí de aves raras ou moi raras a nivel tanto galego como peninsular.

Fenoloxía

Calquera época do ano é ideal para visitar este encoro. Nas migracións da primavera chegan a concentrarse sobre o encoro enormes cantidades de cirrios (ás veces con pálidos e reais) mesturados con andoriñas comúns e dáuricas e andoriñas de barreiras e comúns. Mentres tanto, as beiras resoan ao amencer cos cantos dos moitos paxaros que aquí crían: picafollas, papuxas, paporrubios, chascos, verderolos… No outono e no inverno, a diversidade de aves acuáticas é moito maior que o resto do ano. É tamén a oportunidade para buscar na mesma beira da auga picas do prado e alpinas, así como algunha lavandeira branca.

Proposta de visita

  • Desde o observatorio situado na beira do encoro en Crendes dispoñerás dunha moi completa panorámica do brazo do encoro correspondente ao río Mero. A ruta que desde aquí parte cara ao bosque de ribeira situado segundo miras cara á túa dereita, doada de intuír, é ideal para combinar a observación de aves acuáticas e forestais mentres a percorres de ida e volta. Nos prados próximos é doado ver chascos comúns e estorniños negros. Se non trouxeches automóbil, un bo anaco nestes lugares resultarache máis que proveitoso. De feito, moitos ornitólogos locais apenas visitan outros lugares do encoro.
  • Existe un segundo observatorio de aves na beira de en fronte, en Orto. Desde este obsérvanse as mesmas especies que desde o anterior, só que a miúdo co sol en contra.
  • Desde a estreita ponte que cruza este mesmo brazo do río Mero terás mellores oportunidades de observar mergullóns cristados e corvos mariños grandes.
  • Ao pé do encoro (hai un aparcadoiro ao lado) podes buscar lavandeiras reais, e, como no resto do encoro, a presenza de millafres negros desde comezos da primavera.

Como chegar, accesibilidade e recomendacións

Para visitar o observatorio de aves de Crendes, desde a estrada AC-221 toma desvío á esquerda á altura dunha parada de autobús con marquesiña. Podes deixar o teu coche nun bordo do camiño, pasadas as casas. Se decidiches vir en transporte público, a parada de autobús está a poucos metros do desvío. Para informarte dos horarios, este é o teléfono da Estación de Autobuses da Coruña: 981 184 335. O paseo polo carreiro que parte desde o observatorio de Crendes é moi cómodo, pero moito máis se traes contigo calzado impermeable! O resto de zonas é mellor visitalas en automóbil. Recorda non te achegar ás beiras da auga: só lograrías asustar as aves. Evita polo mesmo motivo facer ruído e, se traes a túa mascota, libéraa: mellor que corra nun sitio onde non altere tanto as aves!

Recursos

Moi preto do encoro está a Aula de Natureza de Crendes (Concello de Abegondo), con abundante información acerca da biodiversidade deste espazo. Para visitala consulta os seus horarios en http://www.abegondo.es/.

Lugares próximos de interese ornitolóxico

Moitos dos recunchos que rodean o encoro de Abegondo-Cecebre acollen unha fiel representación da campiña desta bisbarra. Paseándoos en coche ou a pé podes atopar en diferentes momentos do ano especies como picanzo vermello, folosa amarela, papuxa común, avelaiona, curuxa común, lagarteiro e moitas outras. O encoro de Beche, a poucos quilómetros, tamén merece unha visita. Atoparás diversas opcións de rutas en:https://www.baiasantacruz.org/gl/panel/encoro-de-abegondo-cecebre.

Aves das Mariñas

image
Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pes amarelos oscuros.
image
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
image
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
image
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
image
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
image
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
image
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
image
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
image
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
image
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.

Outros lugares para visitar

Sede da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Castro de Cerneda.

Encoro de Beche.

Ecorruta do lúpulo e a cervexa (ver https://mundoestrellagalicia.es/)

Ruta Mariñá do río Gobia.

Aula de Natureza de Crendes.

Teléfonos e enderezos de interese

Para informarte dos horarios de autobuses, este é o teléfono da Estación de Autobuses da Coruña: 981 184 335.
Urxencias: 112
Concello de Abegondo: 981 647 909
Concello de Betanzos: 981 770 011
Concello de Cambre: 981 613 128
Concello de Carral: 981 670 002