Ruta de Aves: Arredores de Ponte Aranga

Desde Ponte Aranga, importante cruzamento de camiños tradicional nas beiras do río Mandeo, parten augas arriba e abaixo delas rutas de sendeirismo ideais para combinar o paseo e a observación de aves. Cómodas de camiñar, aínda que nalgúns tramos de dificultade media, discorren baixo a fronde dun bosque de ribeira ben conservado, integrado na Rede Natura 2000 da Unión Europea por pertencer á Zona de Especial Conservación (ZEC) Betanzos-Mandeo.

Interés ornitolóxico

O percorrido polas beiras deste tramo do río Mandeo, unha das grandes canles da Reserva de Biosfera, ofrece a posibilidade de observar un nutrido conxunto de especies de aves. Entre outras, poderás observar ferreiriños reais e negros, ferreiriño azul, gabeador, paporrubio, papuxa das amoras, estreliña riscada, peto real, peto verde, pimpín común, picafollas europeo (no inverno) e ibérico (na primavera e no verán), escribenta común… Tamén sobre as pólas, cruzando o val, miñato, azor, gabián, pombo torcaz, gaio europeo… E no verán, miñato abelleiro. Busca nas beiras algunha lavandeira real, sobre todo na primavera. As horas nocturnas son aquí territorio da avelaiona, e na primavera e no verán da avenoiteira cincenta.

Fenoloxía

Calquera momento do ano é ideal para facer o teu percorrido.

Proposta de visita

Partindo da área recreativa de Ponte Aranga, diríxete cos teus prismáticos río abaixo, polo sendeiro existente. Axiña comezarás a anotar especies. Recomendámosche que escollas a que segue o Mandeo pola súa marxe esquerda, ata que te atopes cunha ponte colgante, a poucos quilómetros. Polo camiño, non deixes de buscar aves ademais polas terras de labor próximas.

Como chegar, accesibilidade e recomendacións

Desde Ponte Aranga parten varios sendeiros ben sinalizados.

Recursos

Atoparás ademais o trazado desta ruta na páxina de Wikiloc da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/sm-05-ruta-veiga-do-mandeo-9297993
Unha vez que chegues á ponte colgante, elixe se prefires facer toda a ruta (son 9,15 km) ou regresar polo mesmo camiño.

Lugares próximos de interese ornitolóxico

O resto de rutas que parten deste lugar son tamén interesantes para observar aves. Podes informarte sobre elas na web do Concello de Aranga: http://www.aranga.es/guia-local?showall=&start=7

Aves das Mariñas

image
Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pes amarelos oscuros.
image
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
image
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
image
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
image
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
image
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
image
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
image
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
image
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
image
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.

Outros lugares para visitar

Igrexa de Muniferral, románica do século XII.

Fraga das Barbudas e Val do río Cambás.

Teléfonos e enderezos de interese

Urxencias: 112
Concello de Aranga: 981 793 541