O Restaurante
A Rectoral de Cines é un establecemento de turismo rural situado en Oza-Cesuras, a 10 minutos en coche de Betanzos e a 20 minutos da Coruña, que se sitúa no campo e nun espazo de gran valor histórico, ao tratarse dun antigo mosteiro rehabilitado que se atopa no entorno da Igrexa de San Nicolás de Cines, do século XII, declarada Ben de Interese Cultural.
Este establecemento está certificado tanto o seu restaurante como a parte do aloxamento na Marca de Calidade da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Somos socios do Club Español de Ecoturismo e do “SICTED”, un sistema de xestión integral e permanente de xestión da calidade no Destino para o “Compromiso de Calidade Turística”. Todo isto, sen dúbida, pon de manifesto a singularidade do establecemento e do medio ambiente e do patrimonio. riqueza do medio ambiente.
O Aloxamento
Déixache envolver pola atmosfera deste antigo mosteiro declarado Ben de Interese Cultural xunto á preciosa igrexa do S. XII coa que comparte historia.
Situado nunha preciosa leira, a restauración fíxose coidando ao máximo a decoración e os pequenos detalles. O resultado é un espazo confortable e luminoso, onde evadirse e deixarse levar pola calma do campo galego. Ademais, o seu restaurante ofrece o mellor da gastronomía galega.
A cociña
Unha cea íntima, unha reunión familiar, unha comida de empresa, un aniversario, a primeira comuñón ou o bautizo dos nosos fillos, todo o que se che ocorra pódese facer realidade na Rectoral de Cines.
A súa cociña de calidade mestura a tradición coa gran variedade de produtos km 0 e de tempada. O máis fresco e natural da nosa bisbarra, destacando os produtos da Reserva de Biosfera, son materia prima esencial nos pratos e elaboracións. O resultado fala da nosa terra.
O restaurante da Rectoral (recomendado por Michelin e Gourmet) ofrece un servizo de menú ou carta aos seus hóspedes e visitantes, en comedor ou terraza con vistas ao xardín.
Cómo chegar
Rectoral de Cines
Lugar Casas Novas, 4
15389 Oza dos Ríos, A Coruña