El Restaurante
A Casa de Sixto é unha casa rural tipicamente galega con máis dun século de existencia; na actualidade totalmente rehabilitada respectándose na medida do posible a configuración orixinal, así como todo o seu mobiliario.
Está situada en Sas, aldea pertencente ao concello de Paderne, a cinco minutos de Betanzos (antiga capital do Reino de Galicia) e a outros tantos da praia de Miño, do Pedrido e de numerosas zonas de interese turístico.
La cocina
A súa cociña caracterízase pola gastronomía tradicional galega, baseada nos produtos locais de calidade do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.