O Restaurante
A historia deste restaurante comeza en 1956, cando Casa Paquita abre as súas portas en Oleiros como tenda de ultramarinos e casa de comidas. Fiel á súa tradición e cun toque renovado, destaca o acolledor do local e o coidado dos seus anfitrións. En Casa Paquita convídannos a relaxarnos, gozar da súa marabillosa comida e sentirnos como na casa, sempre sen présas. Conta con terraza e servizo de comida para levar.
A cociña
Cociña tradicional con toques modernos e unha elaborada presentación para un restaurante que aposta polos sabores de sempre cun aire renovado. A coidadosa elección dos ingredientes, persegue transportarnos á casa das nosas avoas, co reencontro dos nosos padais e os inesquecibles aromas da mellor materia prima.