El Pantano

O Restaurante

Con máis de 40 anos de experiencia e situado no Encoro Abegondo – Cecebre (zona núcleo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas), o restaurante El Pantano dispón duns magníficos salóns e xardíns nos que gozar da contorna natural e degustar unha ampla oferta de pratos. A elegancia, decoración e profesionalidade xeran un ambiente máxico no que ademais se poñen en valor os produtos locais e a exquisitez gastronómica de Galicia.

Ademais, moi preto do restaurante poden iniciarse roteiros ciclables ao redor do encoro, aptos para familias e nos que descubrir a flora e fauna da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

A cociña

Os fogóns do restaurante El Pantano apostan pola tradición, pero teñen moi presente a innovación gastronómica e a gran reputación que esta posúe.

Cada menú é diferente e personalizable, e neles combínanse sabores do mar e da montaña xunto con caldos da rexión.

Contacto e máis información

El Pantano

Calle San Román Orto, 23, 15318 San Román, A Coruña

Tlfno.:981676869

Rutas relacionadas

Observatorio_Cecebre-Puertas_Afuera1
Embalse de Abegondo-Cecebre

Puntos de interese próximos

Area de Lecer de Beche
Área de lecer de Beche
Un espazo reservado ao lecer no concello de Abegondo.
Cruceiros bonitos
Cruceiros bonitos de Abegondo
Peza única en Galicia, este cruceiro atópase na Parroquia de Abegondo.
39.-PONTE-BELDONA
Ponte Beldoña
É un dos vestixios más destacables do pasado romano no municipio de Abegondo.
El alcalde celebró la decisión del Gobierno gallego sobre el entorno del embalse de Cecebre
ENIL Rebeiras do Mero-Barcés
É un espazo natural con gran potencial ecolóxico e gran calidade ambiental.
Captura de pantalla 2020-12-22 a las 10.48.18
ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre
Converteuse desde a súa creación no ano 1976 no espello dunha plácida estampa terreal.
38. ALBERGUE DE PEREGRINOS DE PRESEDO
Albergue de peregrinos de Presedo
O albergue de peregrinos de Presedo é un albergue público exclusivo para peregrinos do Camiño de Santiago.