O Restaurante
Gastroteca en pleno centro da cidade de Betanzos, que ademais posúe unha variada tenda con produtos locais de calidade. No seu local, existen dúas zonas: unha Barra Informal e un Comedor Privado climatizado. No ano 2018, recibiu o Primeiro Premio Popular da “Semana do Pincho de Betanzos”. Tamén realizan comida para levar por encarga, servizo de “catering” e “Artesas regalo” para particulares ou empresas, con calquera dos seus produtos.
A cociña
Lolo Mosteiro e Paula Martínez dirixen este Restaurante “Gastroteca”, no que se combina orixinalidade, coa cociña tradicional e de autor. A súa máxima é “innovación na tradición”.
Produtos galegos, carnes e peixes da comarca, cervexas artesás, viños, entre eles, viños da Indicación Xeográfica Protexida “Betanzos”, son algúns dos moitos produtos de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo que poderedes atopar na Moza Crecha.