... maxia e sabor

Da terra obtemos a materia. Da materia pasamos á maxia, pratos que falan de como somos neste territorio. Gastronomía con produtos de calidade de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Unha forma de garantir a orixe, dinamizar economicamente o territorio, fixar poboación no medio rural e asegurar a calidade do prato que chega á túa mesa.

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foi recoñecida internacionalmente pola UNESCO no ano 2013 como Reserva de Biosfera. Abarca un total de 116.724 hectáreas terrestres e mariñas, repartidas en 17 concellos e cunha poboación de máis de 190.000 persoas, todo un auténtico reto e oportunidade.

Ser declarados pola UNESCO como Reserva da Biosfera é un compromiso de presente e futuro, que nos fixo asumir os principios e obxectivos do Programa MaB (Persoa e Biosfera), utilizando o noso territorio para experimentar novas formas de desenvolvemento en liña coa sustentabilidade e lóitaa fronte ao cambio climático, compatibilizando as dinámicas urbanorurales, así como o posicionamento como destino de Ecoturismo.

A Marca de Calidade da “Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” creouse co obxectivo de facilitar a introdución e diferenciación dos produtos locais, engadir valor e promocionar e difundir os recursos que potencien as actividades económicas tradicionais e a economía social no marco do territorio amparado pola Reserva de Biosfera.

Este distintivo está a servir como vínculo entre EMPRESA-PRODUTO-TERRITORIO, á vez que establece unha imaxe común para o conxunto de empresas adheridas.

Desde comezos do ano 2019 somos a entidade xestora do Xeodestino “A Coruña e As Mariñas” en colaboración coa Xunta de Galicia, ferramenta de planificación turística do territorio.

Ademais, xestionamos o destino SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) das Mariñas Coruñesas, metodoloxía mediante a cal estamos a implantar a Marca de Calidade da Reserva de Biosfera no sector turístico (restaurantes, aloxamentos, axencias de viaxe, empresas de turismo activo…).

image
Brasa de Beche
Cocina atlántica con produtos locais especializado en carnes e pescados á brasa.
image
Casa Bibiana
Comida caseira nun restaurante familiar. As súas especialidades son os callos, o cocido e o bacallau.
image
El Pantano
Mestura do pasado e o presente da gastronomía galega, coidando todo tipo de detalle e mantendo a materia prima propia da zona.
comedor-privado
Casa Beade
Comida tradicional con produtos km0, sobremesas caseiras e viños da Indicación Xeográfica Protexida “Viños da Terra de Betanzos”.
LaPaz_2
La Paz
Restaurante
Posúe unha rica carta, ademais dunha ampla variedade de menús deseñados pensando nos clientes.
Pasatempo_2
O Pasatempo
Restaurante
Cociña tradicional pero sempre seleccionando coidadosamente as excelentes materias primas que o mar e a terra bríndannos.
Cho_1
Cho
Restaurante
Aquí poderás gozar do mellor ambiente da cidade medieval, ben no interior ou ben na terraza deste restaurante de decoración moderna e sabor orixinal.
fogar_santiso_oleiros_1
Fogar de Santiso
Restaurante
Terrazas para gozar dos mellores produtos galegos
ElModerno_1
El Moderno
Restaurante
Entre as súas especialidades destacan o cocido, os callos, a caza e o salpicón de marisco.
CasaCelia_2
Casa Celia
Restaurante
Apostan pola cociña tradicional galega e as sobremesas caseiras.
QueixoSobrado_3
Casa do Queixo Sobrado
Restaurante
Auténtica comida caseira con produtos da horta e a granxa propias, que che lembrarán ás comidas da túa avoa.
ArtesaMozaCrecha_1
A Artesa da Moza Crecha
Hotel gastronómico rural
Produtos galegos, carnes e peixes da comarca, cervexas artesás, viños…
Rectoral_Cisnes_00001
Rectoral de Cines
Hotel gastronómico rural
A súa cociña de calidade mestura a tradición coa gran variedade de produtos km 0 e de tempada.
02---3X1A6113
Terranova
Cociña caseira e tradicional. Ideal para carnes e pescados como o bacallau, nas que destaca a amabilidade e o trato excelente.
03---3X1A5811
O Garfo
Restaurante
Ofrece cociña caseira e tradicional galega, nun bo ambiente en local climatizado.
Restaurante Vega
Vega
Restaurante
Na carta pódese atopar unha gran variedade de racións e pratos típicos de Betanzos, como a tortilla.
SanAndres_2
San Andrés
Restaurante
Cociña de corte tradicional con toques propios, baseada en produto de mercado, tempada e proximidade.
OsArcos_2
Os Arcos
Restaurante
Os Arcos apostou desde sempre pola tradición e calidade, moi vinculado ao produto local, cociña caseira e tradicional galega.
Casanova_1
Casanova
Restaurante
Nos invita a degustar os pratos típicos e gastronomía tradicional baseada en produtos de proximidade e de gran calidade.
CasaDoQueixo_1
Casa do Queixo
Tenda degustación
A memoria do padal, os sabores de sempre, os bos momentos, as tapas e comidas compartidas na mellor compañía con produtos locais e tradicionais…
SanIsidro_1
San Isidro
Restaurante
Ofrece unha cociña galega especializada en carnes e peixes á grella.
xente_no_camino_1
Xente no Camiño
Restaurante
Conta cun museo que representa a imaxe dos galegos na Idade Media.