Oficina da Reserva da Biosfera

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos desde o ano 2013 é a entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Información

A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” constitúese no mes de xullo do ano 2008 como Grupo de Desenvolvemento Rural coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos coma privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación.

A Asociación terá como ámbito de actuación preferente o de os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Curtis, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, sen prexuízo de que poda estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.

A estratexia de desenvolvemento concibida pola Asociación ten como obxectivo final a valorización do territorio, incidindo na mellora da calidade de vida da poboación local a partir da valorización do patrimonio natural, cultural e de fomento da cohesión social.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos desde o ano 2013 é a entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Cómo llegar

Oficina da Reserva da Biosfera

Asociación Mariñas-Betanzos Antiga Cámara Agraria. San Marcos, s/n. 15318 Abegondo (A Coruña).
info@marinasbetanzos.gal