Ruta de Aves: Villa de Betanzos

Betanzos, declarado conxunto histórico en 1970, é un dos destinos máis atractivos para o turismo cultural na Reserva da Biosfera, tanto pola singular beleza das súas fachadas e prazas, e a monumentalidade de moitos dos seus edificios relixiosos e civís, como pola súa rica oferta gastronómica. O seu núcleo urbano creceu na confluencia dos ríos Mandeo e Mendo. Propómosche un paseo por esta vila ata as beiras dos dous, e onde se atopan, para crear un amplo esteiro. Sorprenderate a variedade de aves que chegarás a observar.

Interés ornitolóxico

O paseo ornitolóxico desde o centro de Betanzos ata a confluencia dos ríos Mandeo e Mendo, onde comeza un dos esteiros máis impresionantes do norte de Galicia, ofrece a oportunidade de observar especies tanto urbanas como vinculadas ao medio rural e fluvial. Rúas e prazas son fogar na primavera de cirrio e andoriña de cu branco, e todo o ano de rabirrubio, pega, pardal, estorniño negro ou rula turca. Unha vez xunto aos ríos, será posible anotar ademais lavanco, bilurico das rochas, lavandeira real, andoriña, carriza dos xuncos… Non deixes de mirar sobre ti mentres paseas, co fin de detectar na primavera e no verán millafre negro ou miñato abelleiro, e todo o ano miñato, gabián ou, con sorte, falcón peregrino.

Fenoloxía

Calquera momento do ano é perfecto para realizar este paseo.

Proposta de visita

  • Comezaremos na Praza de García Hermanos, para desde ela dirixirnos, polas rúas Rúa da Vila e Rúa dos Prateiros, ata a Ponte Vella pola que a estrada N-651 cruza o río Mandeo. Nós non o faremos, senón que continuaremos polo paseo fluvial ou do Malecón, augas abaixo. Rodearemos así boa parte da zona vella, ata chegar á confluencia co río Mendo.
  • Unha vez aquí, unha ponte peonil permítenos cruzar ata o paseo Ramón Beade, que xunto a varias naves industriais nos conduce a onde comeza o esteiro.
  • Regresaremos polo mesmo paseo Ramón Beade, só que, en lugar de cruzar de novo a ponte, seguiremos as beiras do Mendo ata o Parque Pablo Iglesias, para xa si cruzar este río pola ponte da N-VI e entrar de novo na zona monumental de Betanzos. As rúas Ferreiros e Castro levarannos de regreso ao noso lugar de partida.

Como chegar, accesibilidade e recomendacións

Chegar a Betanzos é moi sinxelo, tanto en transporte público como en automóbil. Baixo a praza García Hermanos existe un aparcadoiro público.

Recursos

Para organizar a túa visita a Betanzos:https://turismo.betanzos.es/es/betanzos-cerca/

Lugares próximos de interese ornitolóxico

Podes combinar este paseo coa visita á zona de Chelo, augas arriba do Mandeo, ou ás dúas beiras da ría de Betanzos, que che propomos nesta mesma guía coñecer desde o Pazo de Mariñán e o observatorio de Souto.

Aves das Mariñas

Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pés amarelos oscuros.
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.

Outros lugares para visitar

Igrexas de Santiago, San Francisco e de Sta. María do Azogue, no núcleo antigo.

Percorrido pola obra dos benfeitores Hermanos García Naveira.

Teléfonos e enderezos de interese

Para informarte dos horarios de autobuses, este é o teléfono da Estación de Autobuses da Coruña: 981 184 335.
Urxencias: 112
Concello de Betanzos: 981 77 00 11