O distintivo de senda azul é outorgado por ADEAC FEE. Este distintivo ten como obxectivo premiar aos concellos que se esforzan en manter e recuperar antigas sendas e camiños naturais, adaptando os trazados e transformándoos en valiosos recursos para a realización de actividades deportivas, recreativas, turísticas e de educación ambiental.
Esta senda está integrada no espazo protexido ZEC Costa da Morte, transcorre por unha das zonas con maior valor natural e beleza paisaxística do concello. Cunha lonxitude de 6,5 kms aprox. (duración estimada de 2 horas) conecta sete das nove praias deste concello: Sabón, Repibelo, A Fucha, Valcobo, As Combouzas, Barrañán e O Reiro.
É un lugar idóneo para desfrutar de inmellorables vistas, pasear ou facer deporte e tamén é un bo lugar para o avistamento de aves ou ben, cetáceos nas augas do Atlántico.
O punto de partida: Praia de Barrañán