Esta ruta pertence ao concello de Sada, situado na marxe occidental da ría de Betanzos. Esta ruta abarca a zona costeira do concello.
O punto de inicio sitúase na parroquia de O Castro, preto da fábrica de cerámicas de Sargadelos/Museo Carlos Maside.
Para máis información das cerámicas: http://www.sargadelos.com/?lg=gal
Esta ruta abarca moitos dos regos e ríos que drenan este territorio ata acadar a vila de Sada. Esta vila caracterízase pola enorme influencia modernista na arquitectura fundamentalmente, como no edificio emblema de A Terraza situado na propia praia. Este concello cun marcado carácter turístico destaca polas súas praias, servizos e porto deportivo; con enorme tradición pesqueira e desde o punto de vista ambiental goza dun espazo natural de gran interese biolóxico con especial atención ás aves na área de As Brañas, o cal se accede dende o propio pobo. En adiante a ruta aproveita o paseo marítimo pasando polo porto ata chegar as ruínas do que no seu día constituíu o castelo de Fontán.
Esta ruta abarca espazos de interior e costeiros do territorio municipal cunha ruta de sinxelo recorrido.