Ruta de Aves: Praia e Brañas de Sada

No mesmo centro de Sada, un par de espazos naturais moi próximos converten a visita a esta localidade en obrigada para calquera persoa afeccionada á observación de aves.

Interés ornitolóxico

Desde o paseo marítimo da praia de Sada pódese observar no inverno unha moi sorprendente diversidade de especies litorais. A zona húmida das Brañas, pola súa banda, acolle unha nutrida representación de paxaros propios dos bosques de ribeira galegos. A principios de 2020 foi declarado de xeito provisional pola Xunta de Galicia, a instancias do Goberno municipal, Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Fenoloxía

O mellor momento para visitar a praia de Sada é en pleno inverno. En canto ás Brañas, podes asomarte a elas en calquera momento do ano.

Proposta de visita

  • Para visitar a praia de Sada, basta con que te achegues ata o areal, sen descender ata el. Nos meses máis fríos do ano terás ante ti lavancos e lavancos frisados, patos comúns, varias especies de gaivotas (chorona, cabecinegra, patiamarela, escura, cana…), carrán cristado, garzota, cullereiro, mobella pequena, cisne mudo, virapedras, carolos… Etcétera! Mirando máis lonxe, cara ao centro da ría, busca algún gran grupo de pentumeiro.
  • En canto á zona húmida das Brañas, o seu interior é inaccesible, pero podes percorrer parte do seu perímetro desde o mesmo centro de Sada, por exemplo, desde as inmediacións do campo de fútbol e a Avenida da Coruña ou desde a rúa Tejeras. Mentres te asomas a elas por entre o arboredo, busca especies como cerceta, garza real, ferreiriño rabilongo, ferreiriño real e ferreiriño azul. Na primavera, picafollas ibéricos e, no inverno, picafollas europeos e biluricos das rochas. Son abundantes ademais a papuxa das amoras e o paporrubio, e non é nada raro ver gabián.

Como chegar, accesibilidade e recomendacións

Na praia de Sada hai un amplo aparcadoiro. Outra opción é achegarte a esta localidade en autobús: hai numerosos servizos diarios desde A Coruña, por exemplo. Para informarte dos horarios, este é o teléfono da Estación de Autobuses da Coruña: 981 184 335.

Recursos

No paseo marítimo, xunto á praia, atoparás varios paneis informativos sobre as aves presentes. A páxina web do Concello de Sada dispón de información acerca da zona húmida das Brañas:https://www.sada.gal/es/conoce-sada/descubre/as-branas-de-sada Tamén a web Mar de Sada: http://mardesada.com/que-visitar/biodiversidad/ Se te animas a facer un paseo ornitolóxico circular por esta zona húmida: https://www.baiasantacruz.org/gl/roteiro/itinerario-a-pe-1-branas-de-sada

Lugares próximos de interese ornitolóxico

O espigón do porto de Sada adoita ser utilizado como lugar de repouso na preamar por varias especies de limícolas.

Aves das Mariñas

Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pés amarelos oscuros.
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.

Outros lugares para visitar

Terraza de Sada.

Ruta do Impresionismo das Mariñas “Pintor Lloréns”.

Barrio mariñeiro de Fontán.

Pazo de Meirás.

PR-G 96 Roteiro Mariñán - Costa Doce.

Teléfonos e enderezos de interese

Para coñecer a predición meteorolóxica e os horarios das mareas, consulta a web de Meteogalicia: www.meteogalicia.gal . Para informarte dos horarios de autobuses, este é o teléfono da Estación de Autobuses da Coruña: 981 184 335.

Urxencias: 112

Concello de Sada: 981 620 075

Oficina de Turismo de Sada: Avenida da Mariña, s/n. Sada. Telf.: 981 189 952. oficinadeturismo@concellodesada.com