Tematización desta Ruta que percorre parte do encoro de Abegondo-Cecebre, Zona de Especial Conservación (Rede Natura 2000) e unha das zonas núcleo da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
Esta Ruta é un referente pola forma de interpretar e divulgar as aves e as lendas típicas galegas, todo iso nunha zona, as “fragas de Cecebre”, onde se inspirou a obra de Wenceslao Fernández Florez “O Bosque Animado”.
Realízanse visitas guiadas a esta Ruta. Máis información no teléfono: 981 64 79 09 (Concello de Abegondo).
Información adicional: zonas inundables en períodos de primavera pola xestión do encoro.