Esta ruta enmarcase dentro do espazo protexido da Costa de Dexo e Serantes (Monumento Natural) no saínte de terra que encerra a enseada de Mera cos faros desde onde se indica a entrada ao porto de A Coruña e antigo posto de defensa. Son dúas torres, separadas uns 300 metros, de 11 e 14 metros respectivamente, acadando os seus focos unha altura de 56 e 81 metros sobre o nivel do mar e dende a súa localización tense unha vista panorámica de 270º de mar e da ría de A Coruña.
Na antiga casa do fareiro pódese visitar o centro de recepción de visitantes do Monumento Natural da “Aula do Mar” que alberga unha exposición interpretativa permanente sobre os valores principais da zona e con dous miradoiros acristalados.
Ademais a defensa da ría complementase grazas á situación escarpada e estratéxica da costa converténdoa no emprazamento dunha batería militar, a batería de Mera, para a protección da zona costeira e da cidade de A Coruña xunto a outras moitas baterías e castelos (Sta. Cruz e San Antón) á que se accede mediante unha variante da ruta ata un punto de especial interese paisaxístico.
Esta ruta de pequeno recorrido transcorre por zona costeira aos pés de dous faros nun excepcional emprazamento para a visión panorámica da ría e cidade de A Coruña, transmitindo unha sensación de tranquilidade ao percorrer escoitando as rompentes do mar e o piar dos paxaros. É unha zona de espectaculares escarpados na costa.
No tramo costeiro domina a matogueira almofadada ou outras especies adaptadas a un litoral caracterizado polas acometidas do vento e as escarpas rochosas; destacando endemismos galaicos ou noroccidentais ibéricos coma a Armeria pubigera ou especies representativas coma o toxo (Ulex europaeus). Cara o interior xa dominan as zonas boscosas.
Trátase dunha ruta circular con inicio/fin na Aula do Mar. No transcurso da ruta poderemos visitar a batería militar, os faros ou ben gozar das espectaculares vistas en moitos dos seus puntos dándolle un especial encanto a esta ruta que non presume de lonxitude apabullante. En xeral, afíncase nunha zona de especial beleza natural, con gran valor paisaxístico e ornitolóxico, e tamén avistamento de outras especies animais (cetáceos..).