O Restaurante
Atópase en pleno centro de Betanzos, na rúa dos Anxos ao final dos Soportais. Conta cun local climatizado propicio para longas sobremesas, atendido polos seus donos: Juan Carlos e María Esther. Servizo atento e amable nun local moi acolledor, que conta con acceso adaptado para persoas con discapacidade pola rúa da Cruz Verde.
O aforo é de 42 comensais.
A cociña
Cociña de corte tradicional con toques propios, baseada en produto de mercado, tempada e proximidade.
Son suliñables pratos como o salpicón de lumbrigante (un referente), as gambas con cachelos, as croquetas vexetarianas, a ensaladilla de peixe, o salmón con aguacate e mango e outros entrantes. Especialidade en peixes ao forno, con distintos prebes e elaboracións como o Rodaballo San Andrés, e pezas enteiras de distintos peixes segundo súa sazón; e tamén o bacallau ó Tío Xan. Nos pratos de tempada non faltan a lamprea, os chipiróns da ría, o bonito de Burela, setas e perdiz estofada. Tamén hai pratos de carne como o xarrete, solombo, chuletiñas, etc. Na repostería caseira, a tarta de queixo, o flan de xemas, os amendoados de Betanzos, a tarta de mazá e froitos secos…
Contacto e máis información
San Andrés
Rúa dos Anxos, 4
15300 Betanzos (A Coruña)