O Aloxamento
Nun enclave único, fronte ao Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, localízase este cosmopolita hotel de deseño. O seu concepto baséase no Bed-Bath-Breakfast, dando orixe a 32 exclusivas habitacións, todas elas con vistas ao mar.
Na súa azotea conta cunha espectacular piscina infinita e un jacuzzi de auga quente, perfectos para relaxarse. Se a isto engádeslle, o indiscutible acento galego da súa oferta gastronómica e un centro wellness, é imposible resistirse. Ademais, admiten mascotas.
Contacto e máis información
Hotel
Noa Boutique
Avda. Concepción Arenal, 51 – Santa Cruz
15179 Oleiros (A Coruña)
Tlfno.:+34 881 244 144