O Restaurante
Decoración rústica e pedra para este acolledor restaurante de marcada personalidade galega. Situado en pleno centro do municipio de Oza-Cesuras, destaca a súa boa comida e a calidez que proporciona a súa tradicional lareira e o seu persoal.
A cociña
Cociña tradicional galega e produto de calidade son sen dúbida a mellor baza deste restaurante de gran tradición na zona. Entre as súas especialidades destacan o cocido, os callos, a caza e o salpicón de marisco.
Contacto e máis información
Restaurante
El Moderno
Travesía, 7
15380, Oza-Cesuras (A Coruña)
Tlfno.:+34 981 792 028