Casa do Queixo Sobrado

Restaurante

O Restaurante

Situado no trazado do Camiño do Norte, esta casa de comidas ocupa unha antiga palleira totalmente restaurada. A pedra, as vigas de madeira á vista, crean unha atmosfera especial. O conxunto complétase cun Bar-tenda, onde adquirir os ricos produtos delicatessen, a Granxa e Casa-museo, que encandearán a pequenos e maiores.

A cociña

Auténtica comida caseira con produtos da horta e a granxa propias, que che lembrarán ás comidas da túa avoa. A oferta varía segundo a época do ano, xa que se utilizan produtos de tempada para a súa elaboración. O seu prato forte é a tenreira ao queixo.

Contacto e máis información

Restaurante

Casa do Queixo Sobrado

Casal de Abaixo, 2 – Grixalba
15816 Sobrado dos Monxes (A Coruña)

Tlfno.:+34 650 955 265

Rutas relacionadas

Captura-de-pantalla-2020-10-29-a-las-10.38.36
SM.01 Ruta BTT Cova da Serpe
Laguna_Sobrado_Puertas_Afuera
Lagoa de Sobrado

Puntos de interese próximos

Laguna-de-Sobrado-1
Lagoa de Sobrado
De orixe artificial e hoxe completamente naturalizada, foi construída polos monxes do mosteiro inmediato entre os anos 1500 e 1530.
25.-SERRA-DA-COVA-DA-SERPE
Serra da Cova da Serpe
Esta serra conta cun elevado interese ambiental e ecolóxico.
74.-PENA-DA-MOURA
Pena da Moura
Caracterízase por ser un menhir natural construído por unha roca granítica, motivo de numerosas lendas na zona.
73.-CAMPAMENTO-ROMANO-DA-CIDADELA
Campamento romado da Ciadella
As súas dimensións son: 172m de longo por 140m de ancho, o que equivale a unha extensión total de 2,40 Ha.
Mosteiro-de-Sta-Maria-de-Sobrado-1
Monasterio de Santa María de Sobrado
Foi fundado no ano 952 polos Condes de Présaras (Hermenexildo e Paterna).
OBSERVATORIO DE AVES DA LAGOA DE SOBRADO
Observatorio de aves da Lagoa de Sobrado
Dende o observatorio de aves poderás observar case todas as especies presentes o día da túa visita.