O Restaurante
A familiaridade e amabilidade de Casa Bibiana crean un ambiente perfecto para degustar os pratos elaborados na súa cociña e que os clientes se sintan como na casa.
Situado en Culleredo, nunha contorna rural, no restaurante existe a posibilidade de realizar reservas.
A cociña
A gastronomía típica galega é a base da carta de Casa Bibiana, e as materias primas locais e de calidade fanse notar en cada un dos pratos elaborados nos fogóns deste restaurante.
Ademais das súas especialidades (callos, cocidos e bacallau), Casa Bibiana ofrece sobremesas caseiras como flanes e milfollas.
Contacto e máis información
Casa Bibiana
Vinxeira Grande, 18, 15198 Culleredo, A Coruña
Tlfno.:981668294